Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

3º Premio na II Olimpíada de tradución de textos clásicos

Na II Olimpíada de tradución de textos clásicos, cuxa entrega de premios tivo lugar o martes 3 de maio no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC, a alumna de 2º de Bacharelato, Inés Blanco Méndez, obtivo o terceiro premio de tradución de textos latinos. Á proba, que tivo lugar o pasado 7 de abril, tamén se presentaron Paula Portela Cabana e Alejandro Sánchez Cela.

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android 

Durante a xornada, o alumnado de 1º de Bacharelato participou activamente nun itinerario mitolóxico polas rúas de Santiago e en diferentes obradoiros organizados pola SEEC de Galicia:

- Obradoiro de caligrafía: aprenderon a escribir con cálamos e tinta nun papiro, como facían os antigos gregos e románs.

Obradoiro de moda: vestíronse e pousaron coma modelos con vestimentas inspiradas na arte e na mitoloxía clásica.

Obradoiro de música:  reflexionaron sobre a importancia da música na sociedade grega, coñeceron os principais instrumentos empregados polos gregos, comentaron algúns mitos relacionados coa música (Hermes a a lira, Pan e o deus Apolo...) e escoitaron algunha audición dos escasos fragmentos que se conservan.

- Obradoiro de xogos tradicionais románs: xogaron á peonza (turbo), dados (alea), ao tres en raia (tabula lusoria), ao aro (orbis), ás tabas (talus) etc... e amosaron os seus coñacementos de cultura clásica completando o rosco de "pasa o denario", unha versión divertida do televisivo pasapalabra.



story | by Dr. Radut