Videoconferencia no Día da Ciencia en Galego
|
O pasado mércores 4 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato e o de 3º de ESO participamos nunha videoconferencia con Xurxo Mariño, que nos deleitou cunha charla sobre neurociencia. Aprendimos moito das posibilidades do noso cerebro, de como construímos a nosa visión do mundo a partir da lingua materna na que medramos e dos estímulos que recibimos polos nosos sentidos.
|
|
Ao final puidemos facer preguntas a través de Twitter (@leiraspulpeiro) e Xurxo respostou algunha delas en directo. Outras respostounas despois de rematar a videoconferencia, evidentemente moito máis brevemente (podedes velas nas imaxes). A actividade, organizada por Igaciencia, recordounos que a nosa lingua é tan válida coma calquera outra para transmitir os coñecementos científicos.
|