A alumna Paula Portela, mención especial no III premio de ensaio subversivo “GUILLERMO DOMÍNGUEZ”
A nosa excelente alumna Paula Portela Cabana acadou unha mención especial na III edición do prestixioso Certame de Ensaio Subversivo "Guillermo Domínguez" co seu ensaio titulado "Traizón a especie".
O xurado destacou a subversión do seu tema, que vai contracorrente na súa interpretación do que é a sensibilidade social. En palabras do xurado, un ensaio valente, rebelde e pulcro, coherente, ben estruturado e moi ben escrito.
Noraboa, Paula! Os froitos do traballo ben feito sempre acaban madurando.
- Ensaio: "Traizón a especie"
Nota: a entrega dos galardóns terá lugar o martes 16 de xuño, ás 18:00 horas, na Biblioteca Antiga do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Traizón á especie.pdf | 212.59 KB |
ActaIIICertameEnsaioSubversivo.pdf | 47.92 KB |