Dúas alumnas, premiadas no 55º Concurso Coca-Cola de relato curto en lingua galega "Xóvenes talentos"
As nosas alumnas de 2º de ESO Patricia Barreiro e Iria Blanco acadaron o 2º e 3º premio provincial no 55º Concurso de relato curto en galego "Xóvenes talentos", organizado por Coca-Cola. Ambas as dúas, xunto coa súa profesora Cristina Soto, foron recoller o seu premio o pasado venres 22 de maio ao Parador de Baiona, un precioso lugar para tan emocionante acto. Parabéns, Patricia e Iria!!! Premendo aquí podedes acceder ás fotos. Máis información: BaionaTV, Consellería de Cultura, Educación e O.U., Concurso Coca-Cola.
|