Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

O Leiras Pulpeiro co Dr. Ángel Carracedo

O pasado 9 de marzo tivemos a sorte de contar co Dr. Ángel Carracedo, que deu unha charla ao alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO, Ciencias do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelaro e Bioloxía de 2º de Bacharelato.

Ao igual que aconteceu no curso pasado, o salón de actos estivo en expectante silencio mentres escoitamos a este científico de primeira liña mundial e excelente comunicador, que nos encandilou coas súas explicacións sobre Xenómica e Medicina Forense.

Unha semana despois (o 17 de marzo), o alumnado de 2º de Bacharelato visitou, invitado polo Dr. Ángel Carracedo, as instalacións do Instituto para o Desenvolvemento e a Integración da Sanidade en Santiago de Compostela. Tamén puido visitar a Fundación Pública galega de Medicina Xenómica.

Ao longo da xornada, puido ver in situ como se desenvolve o labor investigador neses laboratorios e falar cos diferentes responsables dos mesmos. Coñeceu de primeira man as técnicas máis punteiras en xenómica e proteómica, entre outras disciplinas, que fan que este sexa un centro de referencia a nivel internacional.

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android



story | by Dr. Radut