Autopsia na USC co Dr. Ángel Carracedo
O alumnado de Bioloxía de Segundo de Bacharelato, invitado polo prestixioso Dr. Ángel Carracedo, investigador líder mundial en Medicina Legal e en Xenómica, fixo unha visita ao Departamento de Medicina Legal da USC en Santiago, onde tivo a oportunidade única de participar nunha autopsia simulada sobre un cadáver real, dirixida por el mesmo. Despois, xunto co propio alumnado de Medicina, realizou unha práctica de disección do corazón, programada dentro do horario lectivo deste alumnado polo Departamento de Anatomía. Deste xeito se convirtiron, por máis de dúas horas, en verdadeiros alumnos da Facultade de Medicina da USC. Pódense descargar as fotos con maios tamaño dende esta ligazón: https://www.facebook.com/leiraspulpeiro/posts/839446266112323
|