Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Recollida de ordenadores vellos e funcionais para o alumnado

No IES Leiras Pulpeiro temos algúns alumnos e alumnas que non dispoñen de ordenador na súa casa. Se tedes un vello que aínda funcione e queredes desfacervos del, podedes contactar co centro chamando por teléfono e organizamos a entrega. Nós prepararemos ese ordenador co software necesario para que os novos propietarios poidan traballar adecuadamente con el.

As características mínimas son:

- Pentium IV ou equivalente.

- RAM 2 GB

- Disco duro: 40 GB

Moitas grazas no seu nome.



story | by Dr. Radut