Día Mundial contra o Cancro de Mama
O 19 de outubro conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha doenza moi espallada na que se ten avanzado moito no seu pronóstico nos últimos anos.
Con este motivo a ANPA do centro organizou para o alumnado de bacharelato unha charla cun invitado de excepción: Doutor Antonio Castro.
O prestixioso xinecólogo lugués introduciunos na ciencia ao redor desta doenza. Tratou da prevención, diagnóstico, tratamento, cirurxía, recuperación e acompañamento, facendo especial fincapé na importancia do apoio emocional que precisan as persoas con cancro de mama.
Queremos agradecer ao Doutor Castro a súa presenza no centro e, por suposto, a nosa ANPA, organizadora deste acto, que achegou ao noso alumnado unha sesión tan cargada de divulgación científica como de humanidade.