UNHA VIAXE FELIZ POLA VIDA
Co obxectivo de colaborar na construcción dunha sociedade respectuosa e inclusiva, dende a materia de Relixión Católica realizanse actividades como a celebración do día do autismo o 2 de abril. No ano 2024 o lema para este día é “unha viaxe feliz pola vida”.
Dende a sensibilización e a concienciación sobre o trastorno do espectro do autismo (TEA) o alumnado de Relixión Católica do Leiras Pulpeiro fixo na aula unha actividade que consistía na elaboración de lazos de cartulina de cor amarela, bermella, azul claro e azul escuro, como símbolos de unión entre os compañeiros e compañeiras, que expresaban mensaxes en pictogramas de: igualdade, respecto, tolerancia, alegría, empatía, xustiza, atención, inclusión, etc. Co desexo de que chegasen a todos e todas colocáronse nos corredores do centro educativo.