Deporte en Asturias con 1º de BAC
Os días 13 e 14 de xuño o alumnado de 1º de Bac participou nunha saída de actividades deportivas na natureza en Asturias organizada polo departamento de EF.
Desfrutaron remando nunha parte do descenso do río Sella dende Arriondas, xogaron ao paintball, ao bubble soccer e ao cluedo no albergue de Piloña, fixeron unha actividade de iniciación á espeleoloxía na cova de Pando e remataron cun baño na praia La Griega despois dunha ruta camiñando dende a praia La Isla. Nesta ruta puideron observar as trincheras da guerra civil na primeira praia e as pegadas de dinosaurio na segunda.
O grupo de 31 alumnos e alumnas asistiu a esta actividade acompañado polas súas profesoras Laura e Luisa. Felicitamos ao grupo pola súa implicación e o seu impecable comportamento.