Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

XORNADA DE PRELANZAMENTO CANSAT 2024

Emocionante e intenso día o que viviron os equipos LASA e TecnoLeiras na Xornada de Prelanzamento Cansat 2024 na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Xunto con outros 23 grupos procedentes de 20 centros de toda Galicia, os estudantes do Leiras presentaron os seus proxectos CanSat nos que levan traballando con gran ilusión nos últimos meses, durante o seu tempo libre. Uns proxectos nos que non só están a aplicar e ampliar os seus coñecementos nas áreas STEM, senón que lles permiten adquirir toda unha serie de competencias, habilidades e destrezas que lles serán de gran proveito de cara a súa carreira profesional, que se augura prometedora.

 Foi unha xornada repleta de actividades que lles serviu para estreitar lazos con outros participantes, na que xurdiron novas ideas e sinerxias e na que, ademais, tiveron a oportunidade de asistir a catro interesantes relatorios:

  • Relatorio 1. Proxecto NOSA e MarumaSat: aventuras e experimentos na terra e na estratosfera. Raquel Veira do CPI O Cruce.
  • Relatorio 2. Como comunicar. Miguel Ángel Cajigal.
  • Relatorio 3. Cazadores de sondas. Manuel Gómez Martínez e Andrés Justo López. 
  • Relatorio 4. De Galicia ao espazo. UVigo SpaceLab. Estela Lima González e Andrés Justo López.

Agora toca seguir perfeccionando o CanSat de cara a xornada de lanzamento que se celebrará o 23 de abril.

A seguir traballando así de ben rapazada! 

 

 



story | by Dr. Radut