EXCURSIÓN DE 4ºESO Á RIBEIRA SACRA
O 18 de maio o alumnado de 4ºESO de Relixión Católica coñeceu o CIMAR (Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana) en San Clodio Ribas de Sil, despois, xa no concello de Quiroga, dirixiuse ao túnel romano de Montefurado e tamén alí visitaron a igrexa de San Miguel, onde unha técnica de turismo enviada pola Diócese de Lugo explicóulles a importancia que ten este templo no camiño de inverno a Santiago de Compostela.
A continuación achegáronse ao Castelo dos Novaes a partires do cal comezaron a pé a ruta do camiño de inverno ata chegares ao pobo de Caspedro, para despois xantar na Praia fluvial de San Clodio Ribas de Sil e así disfrutar deste privilexiado entorno natural.