Campións de España Cadete de Fútbol Sala
Desde estas páxinas intentamos facernos eco dos éxitos literarios, artísticos, musicais e deportivos do noso alumnado que non deixa de sorprendernos alcanzando metas difíciles de imaxinar.
É o caso de Iago Baamonde, Roberto Barreto, Saúl Luna, Pablo Magadán, Xavi Martínez, Mateo Múñoz, Hadrián Otero e Alexandre Villagarcía e dos seus compañeiros e equipo técnico do Club Ribeira Fútbol Sala, que o 18 de xuño de 2023 se proclamou campión de España Cadete, impoñéndose, na Fase Final celebrada en Móstoles, a dous clubes moi poderosos con moitos anos na elite, tanto a nivel base como a nivel absoluto.
En semifinais conseguiron remontar un 1-2 a El Pozo Murcia clasificando para a gran final onde os esperaba o FC Barcelona.
A pesar da superior experiencia do club catalán, os nosos non se amedrentaron e conseguiron vencer por un axustado 6-5 que os coroa como o mellor equipo de España da súa categoria.
Un éxito enorme dos nosos rapaces, das familias, do noso barrio e do Ribeira a quen felicitamos desde o noso centro educativo.
Parabéns Campións!!!