Campionatos Provinciais de Orientación - Xogade
O xoves 23 de marzo un grupo de alumnas e e alumnos do noso centro participou no Campionato Provincial de Orientación. Esta competición está incluída dentro do proxecto de Promoción de Vida Activa e Saudable (Proxecta: Xogade) dirixido polo departamento de EF e no que participa o departamento de Relixión.
O noso instituto competiu con 61 alumnos/as acompañados por Miguel, Vanessa, Nati e Luisa. A carreira, tivo lugar no Campus Universitario, cun mapa específico de orientación e catro percorridos distintos por categorías.
Compartimos unha estupenda xornada de deporte e convivencia e felicitamos a todo o noso alumnado pola súa actitude positiva, de esforzo e aprendizaxe. Imos mellorando ano a ano e cada vez sodes máis alumnos/as os que con concentración e persistencia rematades o percorrido sen erros.
Noraboa aos que ademáis acadaron resultados que lles permitiron estar nos primeiros postos das súas categorías. Amosamos a continuación a clasificación individual de todo o alumnado e a clasificación por equipos, grazas á cal poderemos representar ao noso instituto no Campionato Autonómico (Ourense, 6 de maio) cun equipo en cada unha das categorías.
Podes ver as clasificacións completas e máis fotografías no ficheiro anexo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CampionatoProvincialOri.pdf | 1.39 MB |