Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Doazón e transplantes

O pasado día 9 de maio, o alumnado de Cultura Científica e Anatomía Aplicada, tiveron unha charla da man da coordinadora de trasplantes do HULA, Montserrat Ortiz, acompañada de Delia Lorenzo.

A Dra. Ortiz achegou datos esperanzadores de España como líder en transplantes de órganos, chegando ao 19.8% das doazóns da UE e ao 6% das mundiais. Galicia supón unha tasa do 47,6% por millón de habitantes, superando un punto a media nacional. Tamén lembrou que unha persoa pode ser doante en vida ou morte, e en vida pódese ser doante de ril, fígado, medula ósea, sangue...polo que unha soa persoa pode salvar a vida de varias. As doazóns sempre son anónimas, gratuítas e con finalidade terapéutica. Tamén explicou todos os mecanismos que se poñen en marcha cando hai un doante, como a coordinación entre equipos, entre comunidades autónomas, etc. 

Por outra parte, Delia Lorenzo contou a súa propia experiencia. Ela foi dobremente transplantada, primeiramente recibiu o ril de súa nai e posteriormente dun doante anónimo, que lle permitiu formar unha familia e levar un vida normal. Explicou o complicada que era a súa vida antes do transplante, tendo que someterse a diálise día si e día tamén, durante 3-5 horas e controlar moito a súa alimentación. 

A charla veu pór fin a unha serie de contidos sobre mediciña e saúde, que tamén deron pé á elaboración de vídeos por parte do alumnado para concienciar entre a xuventude da importancia da doazón e dos transplantes. Aquí podedes ver unha mostra.

 

 

 



story | by Dr. Radut