Proxecto Observa_Acción 22-23
O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.
Entre os obxectivos específicos, establécense os seguintes Obxectivos referentes á formación do profesorado:
• Organizar sesións de intercambio de experiencias entre o profesorado e integralas no plan de formación.
• Promover a realización de actividades de tipo interdisciplinar na procura dun ensino máis orientado a proxectos.
• Avanzar na formación do profesorado no relativo á atención do alumnado con necesidades educativas especiais, identificando actuacións concretas para casos concretos.
Podes acceder ao proxecto completo do noso centro educativo premendo aquí e ao padlet correspondente premendo aquí.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Proxecto.pdf | 429.11 KB |