Visita ao Museo da Domus e ao Aquarium Finisterrae de Coruña
Os días 6 e 14 de febreiro o alumnado de 3º ESO trasladouse para unha experiencia práctica desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía. Alí puideron experimentar co mundo da neurobioloxía así como da biomecánica do corpo humano a través dos diferentes xogos interactivos que o Museo do Home de A Coruña ten nas súas salas. Tamén participaron no que xa ben sendo un habitual nesta excursión: o obradoiro de disección do corazón, que desata amor e odio a partes iguais. A visita continuou no Aquarium, coa visita imprescindible a Gastón e as focas, e coas explicacións das diferentes estratexias reprodutivas que teñen os peixes para perpetuarse no tempo, desde bailes nupciais, migracións, cambios de rol...E mesmo o día de San Valentín, non faltou declaración de amor dun integrante do grupo!! Agardamos repetir en anos vindeiros, declaración de amor incluida.