Etapa O Cebreiro - Triacastela
O domingo 29 de xaneiro de 2023 xuntaronse varios factores que deron lugar a un día irrepetible: Unha mañá soleada de domingo, uns Ancares nevados e a presenza dos/as nosos/as convidados/as do Liceo Anco Marzio di Roma que culminaban unha semana en Lugo no marco do proxecto Erasmus+.
Foron 22 km de xogos, convivencia e exercicio nunhas condicións que dificilmente poderemos ofrecer noutra ocasión. Teremos que conformarnos con non esquecelas nunca.