Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Rosalía Bernárdez, Premio Extraordinario da ESO ao rendemento académico

O noso centro educativo ten unha grande diversidade que nos enriquece a todas e todos e que non supón obstáculo para que o alumnado encontre espazos nos que, de acordo cos seus intereses, poda desenvolver as súas capacidades en plenitude.

É o caso de Rosalía Bernárdez Riopedre, que acadou a maior puntuación de Galicia nos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico que se suma a outros recoñecementos obtidos o ano anterior, nomeadamente ao seu enorme talento literario.

Un grande orgullo poder contar entre nós con referentes coma Rosalía, que nos mostren os froitos ao esforzo persoal, os camiños abertos e as ilimitadas posibilidades que se constrúen día a día nun centro educativo como o noso: público, humilde, de barrio, de tod@s e para tod@s.



story | by Dr. Radut