Apadriña un lector
Unha das nosas actividades preferidas que puidemos recuperar este ano despois das restricións da pandemia é Apadriña un lector organizada desde a nosa biblioteca.
Trátase de que alumnado de Educación Infantil do CEIP de Casás se achegue ao noso xardín e sexa apadriñado/amadriñado polo noso alumnado de bacharelato que porá o seu grao de area para a súa introdución no mundo da lectura.
Unha actividade ben fermosa, xa consolidada no instituto, e que deixa imaxes como as recompiladas neste vídeo pola profesora Ana Dopazo.