Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Educación Cívico-Tributaria para o Alumnado do Bac. de CCSS

O mércores 6 de abril recibimos a visita de Mercedes Burgo e Miguel Alegría, técnica de Inspección da Axencia Tributaria a primeira e axente de Aduanas o segundo. Impartiron tres charlas ao alumnado dos primeiros e segundos cursos do bacharelato de Ciencias Sociais onde repasaron o sistema tributario español e explicaron a importancia que teñen os impostos para o mantemento da sociedade do benestar nos estados modernos. Non faltaron alusións á actualidade como o tratamento da repercusión do recente traslado a Andorra de varios youtubers na procura de beneficios fiscais.

Pese a que pode parecer unha temática de carácter moi técnico, o noso alumnado mostrouse moi interesado durante as ponencias e lamentou que non houbera tempo para máis. Estamos seguros de que cando prosperen, non decidirán trasladarse Andorra e contribuirán a fortalecer o sistema público que nos dá ensino, sanidade e infraestruturas para todos.

 



story | by Dr. Radut