Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Non á Guerra en Radio Leiras

 

Esta mañá Radio Leiras sumouse á UER  neste evento europeo de unión ao redor da paz. Compartimos o texto lido pola alumna Marta Vázquez durante o período de lecer, antes de facer soar no noso patio e polos nosos corredores o Give Peace a Chance.

 

BO DÍA a toda a comunidade educativa do IES Leiras Pulpeiro

Hoxe, ás 8:45h as emisoras da Unión Europea de Radiodifusión confluiron nunha iniciativa que supón unha chamada á paz mundial, ante os terribles sucesos que están a ter lugar en Ucraína.

A esa hora, simultaneamente, centos de Radios europeas emitían o clásico tema ‘Give Peace a Chance' de John Lennon.

A iniciativa xurdiu da radio pública de Berlín, Radioeins, membro da UER, que a promoveu entre os seus integrantes, sumando tamén a emisoras privadas. Trátase de demostrar, fronte ao horror do ataque de Rusia a Ucraína, como o poder da radio pode amplificar o apoio á paz e crear un movemento unido en todo o continente.

Dende Radio Leiras, queremos sumarnos a este iniciativa, e durante o período de lecer, emitir este canto mundial cara a paz en solidariedade con todas as víctimas desta barbarie e berrar, con todas as nosas forzas, un rotundo NON Á GUERRA.



story | by Dr. Radut