Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial

  • Descrición das calidades persoais e as destrezas asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requisitos de distintos postos de traballo e actividades empresariais.
  • Toma de decisións sobre o itinerario vital propio comprendendo as posibilidades de emprego, autoemprego e carreira profesional. Relación do anterior coas habilidades persoais e as alternativas de formación e aprendizaxe ao longo da vida.
  • Actuación como futur@ traballador/a responsable coñecendo os seus dereitos e deberes como tal, valorando a acción do Estado e da Seguridade Social na protección da persoa empregada, e comprendendo a necesidade de protección dos riscos laborais.
  • Creación dun proxecto de empresa na aula e descrición das características do mesmo: Relación co contorno, función social, elementos que constitúen a súa rede loxística (provedores/as, clientela, sistemas de produción e comercialización, redes de almacenaxe,...), etc
  • Documentación empresarial e a súa importancia como fonte de información sobre a empresa.
  • Simulación de actividades de produción e comercialización propias da empresa proxectada, aplicando técnicas de comunicación e traballo en equipo.
  • Descrición das formas xurídicas das empresas en relación coas esixencias de capital  e coas responsabilidades legais ligadas á propiedade e á xestión.
  • Estudo das fontes de financiamento das empresas, valorando as máis axeitadas para cada circunstancia e tipo de empresa.

 



page | by Dr. Radut