Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Economía 4º ESO

  • Necesidades ilimitadas e recursos escasos.
  • Impacto das decisións económicas na vida das persoas.
  • Tipos de empresas e as formas xurídicas das mesmas. Esixencias de capital e responsabilidades legais d@s propietari@s e xestores/as, así como as interrelacións das empresas co seu contorno.
  • Características principais do proceso produtivo.
  • Fontes de financiamento das empresas.
  • Estrutura de ingresos e custos dunha empresa, calculando o seu beneficio.
  • Os impostos que afectan as empresas e a importancia do cumprimento das obrigas fiscais.
  • Realización dun orzamento persoal distinguindo entre os tipos de ingresos e gastos, e controlando o seu grao de cumprimento e as posibles necesidades de adaptación.
  • Valoración do aforro como medio para alcanzar diversos obxectivos.
  • Funcionamento básico do diñeiro. Tipos de contas bancarias e de tarxetas emitidas como medios de pagamento, valorando a oportunidade do seu uso con garantías e responsabilidade.
  • Concepto de seguro e finalidade do mesmo.
  • Recoñecemento e análise da procedencia das principais fontes de ingresos e gastos do Estado, interpretando gráficos onde se amose esa distribución.
  • Explicación dos conceptos de débeda pública e déficit público.
  • Impacto para a sociedade da desigualdade da renda e estudo das ferramentas de redistribución da renda.
  • Tipos de xuro, inflación e desemprego.
  • Opcións de políticas macroeconómicas para facer fronte ao desemprego.
  • Impacto da globalización económica, do comercio internacional e dos procesos de integración económica na calidade de vida das persoas e no medio ambiente

 



page | by Dr. Radut