Procedemento para solicitar título de BAC
Ao rematar BAC é preciso pagar a taxa do título para poder presentarte ás ABAU.
Enlace para pago online: https://ovt.atriga.gal/inicio#!/categoria/?Cidad%c3%a1ns/11609730/4127328
Pasos:
- Iniciar taxa (primeira pantalla), con acceso libre (candado aberto)
- Códigos:
- Consellería: 07-Cultura, educación e universidade
- Delegación: 13-Servizos centrais
- Servizo: 03-Ensino medio
- Taxa: 302003-Expedición de títulos
- Obxecto de pago: Expedición título bacharelato
- Datos de pago:
- Tarifa normal: 54,00€
- Familia numerosa xeral: 27,03€
- Familia numerosa especial: 0€
- Duplicado: 4,98
- Datos persoais (segunda pantalla)
- Suxeito pasivo: cubrir os teus datos
- Representante: non cubrir
- Modo de pago: hai dúas opcións
- Pago telemático: para pagar ao momento con tarxeta. Nesta opción, cando remates descargarás un xustificante para presentar no instituto (por correo electrónico poñendo o teu nome).
- Descargar modelo presencial: descargas un PDF para imprimir, son 3 páxinas, que tes que levar ao banco para pagar e selar, levar un resgardo para o instituto e quedarte co outro resgardo.