Métodos Estatísticos e Numéricos
A materia de Métodos Estatísticos e Numéricos está pensada como:
- Reforzo da parte de Probabilidade e Estatística tanto da materia de Matemáticas II como da de Matemáticas Aplicadas ás CCSS II.
- Preparación para a proba de ABAU do alumnado que, estando matriculado en Matemáticas II, preséntase a Matemáticas Aplicadas ás CCSS II para mellorar a súa media.
- Introdución aos primeiros cursos dunha gran variedade de graos universitarios que inclúen materias de estatística no seu currículo.
- Orientación práctica e aplicada, fronte aos contidos máis abstractos de Matemáticas II.
Podedes consultar o temario da materia no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/bacharelato/materias/lca/men
Entendemos que o temario é extenso polo que adoitamos priorizar, como xa se especificou antes, a parte de Probabilidade e Estatística xa que nos parece desproporcionado impartir todo. Adaptarémonos ao enfoque antes descrito aplicando a flexibilidade que debe ter unha materia de libre configuración de 2º de BAC.