Literatura Galega do s. XX e actualidade
A materia que oferta o Departamento de Lingua Galega e Literatura para 2º de BAC é Literatura Galega do s.XX e da Actualidade, é unha optativa de libre configuración autonómica e,, “teoricamente”, non se avalía nas ABAU, pero, tal e como está deseñada a proba, complementa a materia común Lingua e Literatura Galega, que si que é obrigatoria nas ABAU.
O grupo de traballo da materia de Lingua e Literatura Galega está propoñendo un novo modelo de exame para comezar a súa aplicación no ano 2022. O obxectivo é darlle un enfoque máis práctico e menos memorístico, co fin de incentivar a reflexión e actitude crítica.
As indicacións deste grupo de traballo sobre os bloques “Comunicación escrita” e ”Educación literaria” son as seguintes:
- BLOQUE 2. Comunicación escrita. Ler e escribir
- PREGUNTA 1. Comprensión do texto. Dividida en dous apartados:
- 1.1.: Resumo / esquema / ideas principais e secundarias / intención comunicativa / tema. (1 punto)
- 1.2.: Definición de palabras ou explicación de expresións tiradas do texto. / Recoñecemento de elementos cohesivos. (1 punto)
- BLOQUE 5. Educación literaria (20%)
- PREGUNTA 5. Educación literaria. Esta pregunta parte dun breve texto literario (narrativo, poético ou teatral), sobre o que o alumnado debe analizar algunhas características representativas do seu autor ou autora. Ademais, preguntaremos tamén por algunha información teórica con respecto a ese mesmo período (contextualización, outros autores ou autoras da época e algunha das súas obras, etc.). (Extensión aprox. 250 palabras)
Na materia optativa vanse traballar os temas de literatura, incidindo en dous aspectos: O coñecemento literario, por un lado, e a análise e compresión de textos, por outro; o que vai axudar a afianzar as preguntas sobre comprensión de textos e educación literaria da materia común.
Polo tanto, aínda que directamente non é unha materia avaliable na ABAU, o traballo que se vai desenvolver nela, complementa a materia común, que si que é obxecto de exame.