Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Historia do cine

Asignatura que abarca toda a historia do Cine como unha disciplina artística de suma importancia para mellorar o noso entendemento do mundo actual. Comezamos con nocións de técnicas cinematográficas que nos axudarán a comprender e apreciar mellor o cine.  Despois comezamos a historia coa invención do cine en 1895 e rematamos cara os anos 80.

Cada avaliación veremos dúas películas, comentadas na clase e o alumndo terá unha ampla selección de películas para ver dúas por avaliación pola súa conta, facendo dous comentarios críticos sobre ela (50% da nota). Tamén un examen tipo test por avaliación (40%). A participación activa na clase en debates ou comentarios sobre películas terá a súa plasmación na calificación cun 10%.

Materia recomendada para todos os bacharelatos, especialmente os de Ciencias Sociais e Humanidades por aportar coñecemento sobre unha das disciplinas artísticas máis importantes da actualidade  e porque implementa unha notable mellora na comprensión da historia e das competencias lingüísticas, sociais e artísticas.



page | by Dr. Radut