Literatura Universal
Introducción
É unha área dirixida ao alumnado de 1º de bacharelato que conta con catro sesións semanales.
É unha área que ao non ter continuidade en 2º de bacharelato, permite plantexala dende un punto de vista fundamentalmente procedimental.
Contidos: como explica o seu nome, en literatura universal intentaremos dar unha visión global da literatura desde as súas orixes, nas primeiras civilizacións (Exipto, Mesopotamia etc) ata a actualidade. Iremos realizando un paso polas diferentes etapas da historia dende Grecia a Roma, Idade Media, Renacemento, Barroco, Ilustración, Romanticismo, Realismo,Vanguardias e século XX.
Centrarémonos fundamentalmente na literatura do mundo occidental, básicamente europea e xa nos séculos XIX e XX tamén literatura estadounidense.
Obxectivos e plantexamento didáctico
Por ser unha área de libre elección o traballo a realizar buscará centrarse no procedimental.
1. Adquirir uns coñecementos xerais sobre as características, autores e obras máis significativos de cada unha das correntes estudadas.
2. Aplicar ditos coñecementos á lectura de fragmentos e obras significativas de ditas etapas. Búscase, sempre que o alumnado mostre interese polo mesmo, un traballo o máis interactivo posible. Non queremos quedarnos nunha mera análise formal, senón que o alumnado participe na análise da obra xunto co profesorado.
3. Tentaremos analizar a relación que sempre hai entre a literatura e o resto das artes (pintura, música, cine ...)
Lecturas
Leremos obras completas e fragmentos. Para a súa escolla guiarémonos por varios parámetros:
a) Que sexan obras que resulten atractivas.
b) Que sexan clásicos da literatura universal.
c) Que pertezcan aos distintos xéneros aínda que nos centraremos máis en teatro e novela.
d) Que representen as diferentes épocas da historia da literatura e distintos parámetros culturais.
Posibles lecturas:
- Teatro
- Las nubes de Aristófanes.
- Hamlet de Shakespeare.
- Casa de muñecas de Ibsen.
- Poesía
- Fundamentalmente poetas malditos.
- Novela
- La metamorfosis de Kafka.
- Cuentos de Edgar Allan Poe.
- Bola de sebo. Guy de Maupassant.
- El guardián entre el centeno de Salinger
- Novela de ajedrez de Stefan Zweig
- 1984 de Orwell.
Posiblidade de que o alumnado faga propostas sobre lecturas previas ou intereses persoais.