Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Actuación en caso de contacto COVID

Cando recibimos noticia de que un alumno é positivo por COVID, faráselle a proba PCR aos seus contactos (profes e compañeiros).

En primeiro lugar recibirán unha chamada de aviso do SERGAS para concertar cita e facer a proba PCR.

Dende que reciban a chamada e ata que o resultado sexa positivo ou negativo, nós non temos potestade para decidir se deben quedar en casa ou acudir ao instituto. Esta orde ten que vir de Sanidade. Podedes preguntar directamente cando recibades a chamada, ou ben chamar ao centro de saúde da Milagrosa.



story | by Dr. Radut