SUPRESIÓN DOS AGRUPAMENTOS ESPECÍFICOS
Este curso, por primeira vez desde hai moitos anos, o noso centro non poderá ofertar os agrupamentos específicos para a ESO. Estes agrupamentos tiñan como obxecto darlle aos alumnos con máis dificultades unha atención máis persoalizada, reducindo así en gran medida o fracaso escolar.
Dada a excepcional situación que temos que afrontar, a pesar de dispoñer das aulas que estes anos se destinaron aos agrupamentos específicos, vémonos na obriga de suprimilos ante a falta de dotación de profesorado.