Acordo coa Cruz Vermella: "Promoción do Éxito Escolar"
O IES Leiras Pulpeiro, a través do seu Departamento de Orientación, recén acaba de establecer un acordo coa Cruz Vermella para dar apoio escolar a varios alumnos de 1º e 2º da ESO con dificultades de aprendizaxe. Esta colaboración enmárcase dentro do Proxecto Integral de Inclusión Social en Zonas Desfavorecidas: Promoción do Éxito Escolar.
Varios alumnos e alumnas incorporáronse xa dende hai días a esta actividade, que se desenvolve no local da Cruz Vermella situado na Rúa Aquilino Iglesias Alvariño dende o mes de febreiro de 2014. As actividades lévanse a cabo durante 2 días durante a semana e cunha duración de dúas horas cada día, é dicir, que cada alumno recibirá 4 horas de apoio á semana. A asistencia é contínua e obrigatoria, así coma o cumprimento das normas básicas de respecto e convivencia.
O obxectivo desta actividade é ofrecer un acompañamento educativo e de reforzo de materias escolares, así como un desenvolvemento e afianzamento de estratexias de estudo que contribuian a mellorar as competencias escolares básicas.