Dende a COAEM (Confederación de Asociaciones de Educación Musical del Estado Español) se nos fai chegar unha proposta a todos os profes e alumnado de música que consiste en asomarse todos os días ás 12 da mañá ó noso balcón ou a unha fiestra para interpretar unha partitura sinxela que se publicará cada día.
Pódese tocar coa frauta doce, cun teclado eléctrico, cunha aplicación de teclado para móbil ou tablet, tarareando ou cantando, ou con calquera instrumento que saibades tocar ( guitarra, trompeta, gaita, clarinete...)
Para participar só tes que seguir o hastag #musicaviral a diario e tocar a melodía proposta ás 12 do mediodía.
Canta máis xente participe, máis se escoitará por toda a cidade conectándonos a todos a través da música.
¿Apúntaste?