Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Extraescolares

Actividades desenvolvidas parcial ou totalmente en horario non lectivo e fóra das instalacións do centro.

E chegamos a Santiago!

(Preme nas fotos para velas a maior tamaño)

 
Ao longo da pasada semana, o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Leiras Pulpeiro completou con éxito o Camiño de Santiago dende Pedrafita do Cebreiro.
 
Noraboa, fixestes un enorme esforzo e todo saíu moi ben. Esperamos que o teñades desfrutado. Son vivencias para nunca esquecer.
 

Obradoiro da Banda Filharmónica de Lugo no IES Leiras Pulpeiro

(Preme na imaxe para acceder ás fotos)

Ao longo da pasada semana, do 26 ao 30 de xuño, a Banda Filharmónica de Lugo desenvolveu un ano máis o seu obradoiro para rapaces e rapazas menores de 14 anos. A Banda ensaia ao longo de todo o ano no noso centro educativo, polo que o IES Leiras Pulpeiro cedeu unha vez máis as súas instalacións.

Para rematar o obradoiro, os pequenos músicos deron un concerto na Praza Armanyá xunto coa Banda Filharmónica. Foi un concerto fantástico.

Moitas grazas á Banda pola súa dedicación. Esperamos poder colaborar con eles todo o que poidamos.

Rosalía Sempre Viva: noraboa, Alejandro

      

Alejandro Sánchez, de 1º de Bacharelato e Andrea Vázquez, de 3º de ESO, participaron, xunto con rapaces e rapazas de toda Galicia, no concurso de recitado de poemas "Rosalía sempre viva", organizado pola Casa Museo de Manuel María.

Alejandro resultou gañador na categoría de Bacharelaro co poema "Silencio". Noraboa, Alejandro.

Máis información e fotos en "É un falar".

Camiño de Santiago 2014

 

O alumnado de 1º de Bacharelato comezou o Camiño de Santiago o día 1 de novembro de 2014. Durante sete días cubriron as etapas galegas baixo unha choiva e un vento tremendos que non poderon con eles. Finalmente, e a pesar das adversidades, o tesón dos camiñantes levounos a culminar todas as etapas e chegar a Santiago o venres 7 de novembro.

(ligazón a máis fotos)

O Club de lectura no cemiterio de San Froilán

Alumnado  pertencente ao Club de Lectura participou no acto dedicado a A NAI organizado polo Concello de Lugo no cemiterio da cidade. Recitaron poemas de Cabanillas e  Darío Xohán Cabana, entre outros.

Preme na imaxe para acceder á información e ás fotos.

 

 

Campionato de Orientación 2013/2014

Este curso o noso alumnado volveu participar no campionato de Orientación, dentro do Programa Xogade.

Parabéns a todos e todas, nomeadamente a Mayra e Aitana polas súas medallas ben merecidas.

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Recitando a Manuel María na Cadena Ser

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega sumouse á iniciativa da Cadena Ser "O Son da Nosa Fala" poñendo voz aos poemas de Manuel María.

O Son da Nosa Fala

(Preme na imaxe para ver ás fotos)

 

Quedamos finalistas no III Concurso Lucus Intercentros

Coma no curso pasado, os representantes do alumnado do noso centro quedaron novamente finalistas no Concurso "Lucus Intercentros". Este ano celebrouse a III edición deste concurso cultural, organizado polo IES Muralla Romana.

Houbo que desempatar para decidir o gañador. O noso centro quedou segundo. Moitas grazas, María, Sara e Daniel por deixarnos en tan bo lugar.

Noraboa ao alumnado do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, gañador do concurso, e tamén ao resto de participantes dos outros centros.

Aquí podedes ver todo o concurso:

 

Excursión a París

Os nosos compañeiros e compañeiras de 4º de ESO e 1º de BAC seguen enriquecéndose coas súas experiencias en París:

Presentación do Grupo Literario "Leiras Pulpeiro"

Distribuir contido


by Dr. Radut