Dentro do Plan de Autoprotección do centro, onte, luns 4 de abril, levamos a cabo un simulacro de evacuación no instituto.
Simulabamos un incendio na sala das caldeiras. O alumnado, profesorado e persoal non docente, levou a cabo a evacuación do centro moi rapida e eficazmente. Cando chegaron os bombeiros, ambulancia e policía, todo o mundo xa estaba fóra dos edificios, no punto de encontro (o patio).
Noraboa a todas e a todos por ter levado a cabo todo o establecido no plan dun xeito tan exemplar. Aínda que nos mollamos un pouquiño, foi divertido, non si?
Grazas!!!