Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de centro

Menú que reúne as últimas novas do centro.

Aberto o prazo para pedir becas para BAC e alumnado NEE

Na páxina do Ministerio de Educación aparece a convocatoria de becas para o vindeiro curso.

Na ESO as becas son só para alumnado con necesidades educativas especiais

En BAC hai becas xerais e tamén de necesidades educativas especiais

Tarefas de Matemento na Aula Virtual

Informan da Consellería que están a actualizar a nosa Aula Virtual á versión 3.9 de Moodle dende a 3.3 que funcionou este curso.

Por este motivo estará inaccesible dende o día 28 de xullo ata o día 5 de agosto.

Este proceso de actualización non afecta aos contidos e só notaredes que cambia o aspecto das tarefas e demáis actividades pero a funcionalidade debería ser a mesma.

 

Lo que viene en Moodle 3.9 | Moodle

Novo Equipo Directivo

O pasado 1 de xullo tomaba posesión o novo equipo directivo do IES Leiras Pulpeiro coa continuidade de Nuria Castelo como vicedirectora, Xabi Díaz como secretario e coa incorporación de José Manuel Martínez como xefe de estudos e Manuel Vilariño como director.

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa o apoio recibido, especialmente a Berta López e Cristina Andreu, anteriores directora e xefa de estudos que facilitaron o relevo de maneira impecable.

Seguiremos tendo a atención á grande diversidade do noso centro como eixo principal das nosas actuacións, procurando que repercuta enriquecendo a formación integral de todo o alumnado como cidadanía consciente, activa e responsable. 

O excelente ambiente de compañeirismo e convivencia que se respira entre todos os membros da nosa comunidade educativa déronnos as forzas para iniciar esta nova etapa da que esperamos que acheguedes a vosa colaboración coa mesma ilusión e entusiasmo co que comezamos nós.

 

Martín Casanova, un dos gañadores da Olimpiada Matemática Española 2021

 

O pasado 26 de xuño celebrouse a Final da Olimpiada Matemática Española 2021 que, a causa da pandemia, tivo que desenvolverse en modo on-line.

Os tres finalistas galegos, entre os que se atopaba o noso alumno Martín Casanova Alonso de 2º E, participaron no evento desde o Círculo das Artes de Lugo. Na sesión de mañá tivo lugar a proba individual que consistiu na realización de 5 problemas nos que se trataban diferentes ámbitos do coñecemento matemático.

 

Proba Individual

 

Pola tarde, desenvolveuse a proba por equipos na que competiron as diferentes comunidades autónomas, Melilla e os centros educativos españois de Marrocos.

 

Proba por Equipos

 

Proba por Equipos

 

O xoves 1 de xullo, tamén en modo on-line, celebrouse desde a Universidade de Oviedo a entrega virtual de premios. O primeiro posto por equipos correspondeu á Comunidade Valenciana e na proba individual, entre os 60 finalistas, nomeáronse 6 gañadores: dous alumnos de Madrid, un de Asturias, un de Canarias, un de Cantabria e o noso Martín.

 

Un grande orgullo para o IES Leiras Pulpeiro.

 

Acto premios aos mellores expedientes de BAC de Galicia

Resultaron galardonados os seguintes alumnos de 2º BAC no acto aos mellores expedientes de Galicia:

  • Xabier Carricoba
  • Jimena García
  • Alicia Illán
  • María Lamas
  • Area Loureiro

Noraboa a todos polo traballo ben feito.

 

Promoción 2021


PINCHA NA FOTO PARA TELA EN MÁXIMA CALIDADE

 

Ceremonia de Graduación

 

Hoxe á partir das 19:00 na nosa canle de YouTube

 

Matrícula de honra

Matrícula de honra BAC

 

Matrícula de honra ESO

Preguntas típicas de organización de centro

Como se elixen os grupos en setembro?

Orde do 28 de xuño de 2010

  • Primeiro se reparten as horas dentro do profesorado do departamento, escollendo sempre os niveis superiores.
  • Decídese que grupos serán impartidos por profesorado interino ou como afíns
  • Orde:
    • Persoal definitivo
    • Persoal provisional
    • Dentro de cada caso:
      • Maior antigüidade no centro
      • Maior antigüidade como funcionario de carreira
      • Ano de ingreso no corpo
      • Catedráticos
      • Puntuación de oposición

Como se elixe a xefatura de departamento?

Decreto 324/1996, do 26 de xullo, artigo 74

Se hai catedrático, ten prioridade.

Se non hai catedrático, debe ser un profesor de secundaria. O departamento consensúa quen debe ser o xefe e comunícao á dirección do centro.

O cargo dura 4 anos.

Quen é secretario da CCP?

Decreto 324/1996, artigo 77

Non  ten que ser o máis novo

"Actuará como secretario un membro da comisión, designado polo director ou directora, oídos os restantes membros."

Como se escolle aos titores?

Orde do 1 de agosto de 1997, artigo 64

  • Profesores  que  impartan  unha  materia  común
  • As  titorías  de  grupos  do  primeiro  ciclo  serán     asignadas preferentemente  ós  mestres

Reserva de praza e admisión 2021-2022

As reservas de praza para 1º ESO que veñen do CEIP Casás e CEIP Menéndez Pelayo foron todas admitidas.

 

As vacantes por niveis para o curso 2021-2022 son as seguintes:

  • 1º ESO: 8 (6 delas están reservadas para alumnado NEAE)
  • 2º ESO: 0
  • 3º ESO: 23
  • 4º ESO: 32
  • 1º BAC:
    • Ciencias: 12
    • Humanidades: 10
  • 2º BAC:
    • Ciencias: 30
    • Humanidades: 2
Distribuir contido


by Dr. Radut