O venres, día tres, os actores Anxo Manuel Lamelo e Ana Fernández fixeron unha pequena e divertidísima representación teatral para o alumnado de 3º ESO, na que presentaban o programa da XVI Mostra de Teatro Clásico de Lugo.
Onte, día 30 de xuño, a USC levou a cabo o acto de recoñecemento dos mellores expedientes académicos deste curso. Os nosos alumnos Lucía Pasarín López, Andrea Blanco Pérez, Adrián Castro Montenegro e Inés Blanco Méndez asistiron ao acto e recibiron este recoñecemento ao seu esforzo e rendemento ao longo do curso.