DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
O día 30 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO de Relixión Católica, celebra o Día da Paz e da non violencia, no xardín do noso IES, botando a voar pombas que levaban mensaxes de: respecto, comprensión, tolerancia, empatía, solidariedade, caridade, inclusión, escoita, aceptación, atención e bondade.
Logo estas pombas voarán de regreso á clase para permanecer alí ao longo do curso como testemuñas das mensaxes que portan.