Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Erasmus+, Edu-saúde, Edu-excelencia, Quéda-T, Convive-T, Inclúe-T, Xogade, Paisaxe

Concerto recepción centro Lycée Sainte-Marie des Champs (11-03-2024)

Venres musicais - Febreiro (08-03-2024)

Programa dedicado ao 8M, cunha selección de mulleres cantantes con letras reivindicativas.

Dirección: María Cabo
Locutores: Fran, Brais, Doaee, Ángeles (3º ESO), María, Xabi
Control: Xabi

Campionato Provincial de Orientación 2024 - Xogade

O mércores 28 de febreiro un grupo de alumnas e e alumnos do noso centro participou no Campionato Provincial de Orientación. Esta competición está incluída dentro do proxecto de Promoción de Vida Activa e Saudable (Proxecta +: Xogade) dirixido polo departamento de EF e no que participa o departamento de Relixión.

O noso instituto competiu con 54 alumnos/as acompañados por Miguel, Moncho e Luisa. A carreira tivo lugar no Parque da Milagrosa (Frigsa), cun mapa específico de orientación e catro percorridos distintos por categorías.

Compartimos unha estupenda xornada de deporte e convivencia e felicitamos a todo o noso alumnado pola súa actitude positiva, de esforzo e aprendizaxe. Seguimos mellorando ano a ano e cada vez sodes máis alumnos/as os que con concentración e persistencia rematades o percorrido sen erros.

Noraboa aos que ademáis acadaron resultados que lles permitiron estar nos primeiros postos das súas categorías. Amosamos a continuación a clasificación individual de todo o alumnado.

Mención especial para Sara Nogueras, Hugo Castro, Dani Fernández, Candela Costa, Noa Cupeiro, Iria Castro, Saúl García e Daniel Díaz polos podios acadados!!!

Achegamos no documento anexo as clasificacións e as fotos do evento.

Venres musicais - Día da radio co CEIP Casás (23-02-2024)

Venres musicais - San Valentín (16-02-2024)

Programa de dedicatorias co motivo do namoramento.

Dirección: María
Locutores: Mateo e Xabi
Control: Xabi

Venres musicais - Días da semana (26-01-2024)

Programa dedicado á interpretación que se fai dos días da semana, dende o triste luns ata o preguizoso domingo.

Dirección: Xabi & Jose
Locutores: Xabi & Jose
Control: Xabi

Venres musicais - Blue Monday (19-01-2024)

Programa dedicado ao Blue Monday e en xeral a todos os luns tristes do ano.

Dirección: Jose & Xabi
Locutores: Jose & Xabi
Control: Xabi

Venres musicais - Kiss a Ginger (12-01-2024)

Programa dedicado ao Día Internacional de bicar a un rubio.

Dirección: Xabi & Jose Manuel
Locutores: Xabi & José Manuel
Control: Xabi

Programa YAM

O IES Leiras Pulpeiro é un dos centros educativos de Galicia que forman parte do programa YAM, unha iniciativa de prevención primaria consistente nun adestramento a desenvolver en 5 sesións impartido por psiquiatras, psicólogos/as e traballadores/as sociais do SERGAS e orientadores/as da Consellería de Educación que invita aos mozos e mozas a reflexionar sobre as súas emocións e a considerar diferentes enfoques cando se enfrontan a retos da vida ou a problemas de saúde mental.

Durante o curso 2023-24 o YAM será obxecto de análise mediante un Ensaio Clínico Aleatorizado do que o alumnado de 3º da ESO do noso centro poderá formar parte como grupo de control respondendo a unha enquisa inicial e recibindo os talleres de adestramento durante o curso 2024-25 xa como grupo experimental.

O mércores 17 de xaneiro ás 17h no Salón de Actos do noso instituto terá lugar unha reunión informativa na que o equipo investigador do SERGAS informará do programa YAM ás familias do alumnado de 3º da ESO que estean interesadas en autorizar a participación no proxecto.

 

O YAM está financiado ao 95% polo Fondo Social Europeo (FSE).

 

Podedes acceder a toda a información premendo aquí

 

Portas de Nadal

Desde o contrato-programa eduExcelencia, promoveuse dar paso a creatividade artística cunha actividade coa que se conseguiu ambientar o noso instituto nestas datas tan sinaladas: Decorar as Portas das nosas aulas.

A ilusión e o nivel amosado polo noso alumnado (e por titores e titoras) sorprendeu a todos/as e o xurado tivo moi complicado ditar o seu veredicto.

Queremos agradecer aos que dedicastes o voso tempo, mesmo polas tardes, para que todos puideremos desfrutar dunha ambientación espectacular. Bo Nadal!

 

Podes ver todas as portas nesta ligazón:

https://photos.app.goo.gl/JAb97inegdvwqpR29

 

Distribuir contido


by Dr. Radut