Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Erasmus+, Edu-saúde, Edu-excelencia, Quéda-T, Convive-T, Inclúe-T, Xogade, Paisaxe

Activisimo e Cidadanía

O venres 14 de xuño desenvolveuse unha actividade de carácter voluntario con 20 alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO co obxecto de promover unha cidadanía consciente e activa nestes tempos nos que a comunicación social se está a transformar.

Dúas mulleres, a mestra Laura Álvarez e a xornalista Rocío Cadahía, chegadas de dúas ONGs, EDUCO e AGARESO respectivamente, confluiron para falar do dereito a educación e a súa reivindicación cívica organizada neste actividade promovida pola nosa Consellería.

A CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN, é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo, co obxectivo principal de mobilizar á cidadanía para reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos estados e así garantir o acceso a unha educación pública e de calidade para todas as persoas do mundo.

O empoderamento e mobilización das persoas son un rol fundamental da Campaña Mundial pola Educación, a unión de toda a sociedade baixo a mesma mensaxe e co mesmo obxectivo a defensa do dereito humano á Educación. A través do lema “Mil Millóns de Voces” neste 2022 a CME busca alzar a voz do profesorado e por de manifesto o seu importante labor dentro do estado de emerxencia educativa no que vivimos inmersos na actualidade.

O posterior obradoiro de ciberactivismo tivo como obxectivo promover o coñecemento e a implicación da comunidade educativa galega coa CME e cos seus obxectivos, así como favorecer o pensamento crítico e fomentar a participación e a mobilización social do alumnado a través da súa participación do xeito máis creativo e novidoso posible na campaña en liña #MilMillonesdeVoces.

Xa no período de lecer, Laura e Rocío deron unha volta polo Leiras e pasaron saudar pola nosa Radio onde se estaba a emitir en directo o venres musical sobre a movida viguesa.

 

Venres musicais - Comprometidas LGTBI (14-06-2022)

Programa sobre mulleres da música que apoian ao colectivo LGTBI.

Dirección: grupo de 4ºESO
Locutores: Iker, Samuel, Nahiara, Martín
Control: Xabi

Venres Musicais - Movida de Vigo (10-06-2022)

 

Programa de venres musicais dedicado á movida de Vigo dos anos 80.

Dirección: Rosa Varela
Locutores: Iria, Rubén, Virginia, Andrea, Yasmina, Nour, Emma (2º ESO- B e D)
Control: Xabi

Venres Musicais - Rock 80 (03-06-2022)

Episodio de venres musicais no Leiras, dedicado á música rock internacional dos anos 80.

Dirección: María
Locutores: Sami, Nahiara, Soraya, Victoria (4ºESO)
Control e gravación: Xabi

Terceiro posto para o Leiras no Xogade Cadete de Xadrez

O equipo formado por Héctor Avalle, Arón Fernández, Nico García e Martín Casanova acadou a terceira posición ao vencer ao Clube Recatelo na última ronda da final do Torneo Xogade 2022 de Xadrez desputado o domingo 29 de maio. Pola súa banda, o equipo infantil formado por Juan López, Olmo Portomeñe, Iago Vázquez e Iago Baamonde tivo que conformarse cun cuarto posto nunha durísima categoria con varios xogadores que ostentan ranking internacional.

Lonxe da parte competitiva, o noso equipo mostrou a forza inclusiva que ten o xadrez sendo unha excelente representación do noso centro educativo, polo que lles damos as grazas polo seu compromiso, a súa ilusión e polo trofeo conseguido que pasa a formar parte das nosas vitrinas.

 

 Os nosos 8 xogadores

 Os infantís no match contra Viveiro

 Os cadetes, tamén contra os representantes da costa

Demostramos que ademais do xadrez, tamén dominamos o voleyball 

ACTIVIDADE DE BÉISBOL CO CLUBE LUME

Dous compoñentes do Clube Béisbol Lume de Lugo, Gus e Alberto, visitaron o noso centro a semana do 10 ao 14 de Xaneiro de 2022 e impartiron unha sesión de introdución ao Béisbol a tódolos grupos de 1º a 4º de ESO. Durante a mesma aprendimos as principais normas deste xogo e disfrutamos da súa posta en práctica. Agradecemos ao Clube Lume esta iniciativa e recordámosvos que os sábados ás 16:30h entrenan no Colexio Rosalía de Castro. Animádevos!!!

 

Venres Musicais - Século XXI (27-05-2022)

 

Episodio de venres musicais na que abordamos por fin o século XXI. Todo música actual.

Dirección: Félix
Locutores: Samuel Hermida, Eva Díaz, Judith López (1ºBAC-B)
Control e gravación: Xabi

PANXOLIÑA EN BOA COMPAÑA NO XARDÍN DO LEIRAS

 

 

PANXOLIÑA EN BOA COMPAÑA

 

Facendo uso do privilexio que supón dispoñer dun espazo natural rodeando o IES, este Nadal decidimos facer a grabación da nosa panxoliña coreografiada nun escenario no que nos acompañara unha árbore senlleira como é o fabuloso acibro que loce no xardín do  Leiras.

 

 

 

Venres Musicais - A movida dos 80 (24-05-2022)

Episodio de venres musicais emitido un martes. Como El Jueves, que se distribúe os mércores.

Dirección: Nuria Castelo
Locutores: Nuria Ledo, Natalia López, Hugo López, Sergio López (3ºESO-D)
Control e gravación: Xabi

A CAMELIA DE DONA EMILIA

 Os alumnos de 1 ESO de  Relixión Católica apadriñan conxuntamente no xardín do Leiras unha camelia con flores de cor rosa adicada á escritora Emilia Pardo Bazán, conmemorando así o centenario do séu falecemento.

 

 Como o nome indica, apadriñar é coidar, guiar, acompañar e protexer, así que despois de plantar esta ábore, comprometéronse a abonala, mineralizala e regala durante o curso escolar para que así loza belida e fermosa. Deste xeito será avistada dende as ventás da biblioteca do Centro e resultará inspiradora para os alumnos e alumnas como símbolo dunha muller galega precursora na consideración dos dereitos das mulleres para as que reivindicou a instrucción como algo fundamental.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut