Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Jarno Pousada, Campión de España Júnior de Triatlón

Sempre festexamos con grande alegría os éxitos deportivos, musicais, artísticos, poéticos e de calquera ámbito onde destaca o noso alumnado e nesta ocasión queremos celebrar o campionato de España Júnior de Triatlón de Jarno Pousada Troitiño, que rematou os seus estudos no IES Leiras Pulpeiro conseguindo a graduación en bacharelato este mesmo ano.

Durante o verán, foi campión absoluto na prestixiosa carreira Rinlo-Ribadeo e foi o día 17 de setembro no municipio murciano de Águilas onde acadou o seu título de Campión de España

Parabéns a Jarno, aos seus adestradores e ao seu clube Cidade de Lugo Fluvial por este grande logro nun deporte tan esixente.

 

Alternativas sen Glute na nosa Cafetería

A partir do luns 18 de setembro a nosa Cafetería ofrecerá sandwiches con pan sen glute Schär para aqueles membros da nosa comunidade educativa con esta intolerancia alimentaria.

Ademais podedes consultar outros produtos aptos con indicación "sen glute" . Non dubidedes en pedilos.

Libros que faltan

Faltan por repartir os libros seguinte, porque aínda non os recibimos:

Xeografía e Historia de 2ºESO

Matemáticas A de 4ºESO

Bioloxía de 4ºESO

 

Cando os teñamos, repartirémolos en clase.

 

Horarios Individualizados

No curso Administración Alumnado da nosa Aula Virtual está dispoñible para cada alumno/a un horario individualizado onde, ademais do horario do seu grupo, constan na parte inferior os seus diferentes desdobres, agrupamentos, reforzos e optativas que temos rexistrado para este curso que comezamos. 

Se detectades algún erro, podedes comunicalo a través da mesma aula virtual ou na Secretaría do centro.

Convocatoria Presentacións Curso 23-24

Podes acceder á información de asignación de grupo e convocatoria para a presentación do curso 23/24 a través do curso Administración Alumnado da Aula Virtual. A dita información encóntrase na sección Presentación Curso 23-24, no comentario da tarefa Asignación a grupos do alumnado.

A pantalla ten este aspecto:

 

 

Para entrar na Aula Virtual o teu usuario será o teu nome e apelidos en minúscula sen espazos e o teu contrasinal a túa data de nacemento sen barras separadoras.

Exemplo: A alumna Ánxela Veiga da Costa nada o 5 de abril de 2008 terá:

usuario: anxelaveigadacosta

contrasinal: 05042008

Como medida de seguridade, terás que cambiar o contrasinal a primeira vez que entres.

Por outra parte, o alumnado de 2º da ESO e 4º da ESO recollerá os libros de texto na súa aula a partir do martes 12 de setembro.

 

Presentacións e Comezo das Clases - Curso 23-24

Comezamos o curso 23/24 coa Xornada de Presentacións, que terá lugar o luns 11 de setembro nas aulas de referencia de cada grupo co seguinte horario:

 O venres 8 de setembro ao final da mañá daranse as instrucións para consultar o grupo ao que pertence cada alumno e alumna a través desta mesma páxina web.

As reunións coas nais e pais do alumnado de 1º da ESO desenvolveranse no Salón de Actos o luns 11 de setembro co seguinte horario:

  • 1º ESO A e B ás 17h.
  • 1º ESO C e D ás 18h.

O martes 12 de setembro comezarán as clases con normalidade co horario achegado nas presentacións.

Reparto de lotes de libros 2023-2024

O luns 4 ás 12:00 comezaremos a entregar os libros de 1º ESO.

O martes ás 12:00 repartiremos os de 3º ESO.

Estamos pendentes de recibir os de 2º e 4º ESO.

Pregamos que veñades recollelos canto antes para poder liberar espazo cada día e poder preparar os de 2º, 3º e 4º.

Alumnado de Tecnoloxía e Dixitalización en Sección Bilingüe - Curso 23-24

No seguinte enlace pódese consultar o alumnado que cursará a materia de Tecnoloxía e Dixitalización en Sección Bilingüe en 1º de ESO.

Alumnado 1º ESO - Tecnoloxía e Dixitalización - Sección Bilingüe - 23-24

Aclaración reparto vales de material

Ante as dúbidas xurdidas nos últimos días sobre o reparto de cheques de material, queremos aclarar o seguinte, que xa foi publicado xunto coa convocatoria no mes de maio:

 

 

Hai que fixarse en que aínda que non se teña dereito a libros nin a cheque, pode que sobren libros, e repártanse igualmente ata esgotalos todos. Isto só pode acontecer este ano nos cursos 1ºESO e 3ºESO, porque en 2º e 4º renováronse todos, e non hai ningún libro sobrante.

 

Pode haber casos en que se entreguen libros, pero non teñan vale?

SI, en caso de que a renta per cápita supere os 10.000€, pero que teñan a sorte de que sobren libros do fondo e reciban entre 1 e 6 libros, pola simple razón de que haxa máis libros no fondo que solicitudes.

 

Reparto definitivo de Fondo Libros e Vales de material (curso 2023-2024)

A día de hoxe (19-xullo-2023) xa se pode consultar en conserxería a lista definitiva do reparto de libros e saber que libros exactamente leva cada un.

Os libros repartiranse en setembro (hai que agardar a que nos envíen os novos e facer os lotes correspondentes).

Os que se matricularon en tempo e forma (antes do día 7 de xullo) xa poden levar os vales de 60€ e 75€. Os demais, terán que agardar a un segundo prazo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut