Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de centro

Menú que reúne as últimas novas do centro.

TEATRO EN GALEGO

24/04/2018 11:30

Teatro organizado polo Departamento de Lingua Galega para o alumnado de 4º da ESO

CARREIRA SOLIDARIA NA CAMPAÑA "GOTAS PARA NÍGER"UNICEF

04/05/2018 11:00

Carreira de orientación, organizada por Luisa Felpeto para 3º da ESO. O obxectivo e recadar coa inscripción á carreira, un fondo solidario para colaborar con UNICEF na campaña Gotas para Níger.

TENIS DE MESA o 11 e 12 de abril

11/04/2018 11:28
12/04/2018 11:30

Demostración de tenis de mesa durante o recreo no polideportivo, organizado pola AMPA

CONFERENCIA SOBRE VICTORIA MORENO

13/04/2018 11:30

CURSOS AOS QUE VAI DIRIXIDA: 2º BAC

Noa Lorenzo Otero gaña o segundo premio “Entre iguais”

A alumna de 4º ESO, Noa Lorenzo Otero, acadou o 2º premio no concurso literario “ENTRE IGUAIS” convocado polo Concello de Lugo.

Máis información no blog do Equipo de Dinamización Lingüística:

http://eunfalar.blogaliza.org/2018/02/28/premio-entre-iguais/

Transporte pola neve

Hoxe mércores ás 14:00, as liñas de bus funcionarán con normalidade.

Vacacións da constitución

Lembramos que esta semana hai vacacións dende o mércores ata o domingo en toda Galicia. Por tanto, o xoves 7 non hai clase.

 

Podedes ver o calendario de todo o curso no panel esquerdo o tamén nesta ligazón:

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesleiraspulpeiro/?q=node/440

 

Proxecto Erasmus

PROXECTO ERASMUS+ KA 101 DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

O IES LEIRAS PULPEIRO REALIZARÁ NO CURSO 2018-2019 E 2019-2020 O PROXECTO ERASMUS + " Buscando estrategias a través de la Internacionalización para prevenir el abandono escolar y la conflictividad/ Searching for strategies through internationalisation to prevent school drop out and conflicts.

O vindeiro mes de novembro, dous membros do claustro realizarán un curso en Italia sobre intelixencia emocional, que agardamos teñan un impacto directo sobre a mellora no noso traballo.

Eleccións ó Consello Escolar

O día 11 de novembro  remata o prazo para a presentación de candidaturas ó Consello Escolar do IES Leiras Pulpeiro nos sectores de PROFESORADO e ALUMNADO. No sector de Profesorado hai tres prazas a renovar e no sector de alumnado hai catro prazas.

As persoas interesadas poden recoller a documentación para a candidatura na Secretaría do centro en horario de 9:00-14:00 horas.

Os censos provisionais están á disposición da comunidade educativa nun taboleiro acreditado  para as eleccións no corredor da planta principal.

Animádevos.

Distribuir contido


by Dr. Radut