Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Cansat

Proxecto CanSat 2024

Este ano no Leiras estamos a participar no Proxecto CanSat: unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.

 Como indica o Proxecto, o desafío CanSat está deseñado para simular todos os aspectos dunha misión real de lanzamento dun satélite, incluído o seu deseño, desenvolvemento, posta a proba, lanzamento, funcionamento e análise de datos a través dun traballo en equipo. Todos os equipos deben cumprir unha misión primaria e unha misión secundaria.

 - Misión primaria: tras a liberación e durante o descenso, o CanSat debe medir temperatura do aire e presión atmosférica, e transmitir os datos obtidos por telemetría á estación en terra polo menos unha vez por segundo. Debe lograr unha aterraxe sen danos e analizar os datos obtidos e plasmalos en gráficas.

 - Misión secundaria: debe ser seleccionada polo equipo. Os equipos poden inspirarse en misións de satélites reais, recompilar datos científicos para un proxecto específico, facer unha demostración de tecnoloxía para un compoñente deseñado por estudantes, ou calquera outra misión que caiba dentro do CanSat e mostre as súas capacidades. Esta misión, está destinada a darlle un propósito ao CanSat.

 Contamos con dous equipos que están traballando arreo no proxecto e para os que pedivos todo o voso apoio:

 

- O equipo LASA constituído por: Martín, Diego, Samuel, Pablo, Uxío e Rubén. Alumnos de 1º de Bacharelato.

 

- O equipo Tecno-Leiras constituído por: Iria, David, Rolfy, Olmo e Adrián. Alumnos de 4º da ESO.

 

Animámosvos a todos e todas a que os sigades nas súas redes sociais:  

 

https://www.instagram.com/lasacansat/

 https://www.instagram.com/tecnoleiras/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut