Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Lingua galega e literatura

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 7

Moi bo día:

Xa tedes nos arquivos as solucións ás tarefas desta semana e unhas poucas máis para a vindeira. Coma sempre, lede ben as instrucións por se tedes que nos mandar ou non algunha. Pasade unha boa ponte e ánimo, que pouco a pouco imos saíndo desta!

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 6

Bo día a todas e todos:

Xa tedes nos arquivos de abaixo as solucións ás tarefas que estivestes facendo esta semana así como as novas actividades para a que vén. Lembrámosvos que mañá día 25 é o último día para que entreguedes a tarefa pendente desta semana. Terédesnos que enviar outra para a semana que vén, xa volo indicamos no arquivo "Tarefa Semana 6". 

Máis forza, que a cousa vai mellor!

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 5

Boa tarde:

Nos arquivos tedes á vosa disposición os solucionarios por nivel das actividades que vos mandamos esta semana e as novas tarefas para a que vén. Como novidade tedes que enviarnos algunhas delas resoltas por correo electrónico. Xa vos indicamos cales son no arquivo de Actividades Semana 5.

Estes son os nosos correos:

Juncal: juncaleiras@gmail.com

Inma: galegoleiraspulpeiro@gmail.com

Teresa: falopalugo@gmail.com

Esperanza: leiras.galego@gmail.com

Belén: eunfalar@gmail.com

Coma sempre, moita forza e un sorriso 

#MiñacasiñaMeular ACTIVIDADES SEMANA 4

Ola de novo:

Mandámosvos nos arquivos unhas novas tarefas para que as vaiades facendo nesta semana. Se aínda non corrixistes as anteriores, aproveitade a primeira sesión para facelo cos solucionarios que vos colgamos o venres antes de Semana Santa.

Nestes días habemos de recibir instrucións sobre a 3ª Avaliación. Non vos preocupedes que vos teremos informados e todo irá ben.

Aproveitamos que hoxe 13 de abril é o Día do Bico para enviármosvos un ben forte de ánimo de parte de todo o Departamento. Seguide así!

 

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO DESTA SEMANA

Velaquí tedes en cada arquivo os solucionarios correspondentes a cada nivel. Autocorrixide as tarefas con calma e descansade estas vacacións de Semana Santa.

Xa vai quedando menos. 

Grazas pola vosa colaboración, paciencia e forza nestes días. Sodes xeniais!

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 3

 Nos arquivos adxuntos tedes novamente as solucións das actividades da semana pasada para realizar o traballo de autocorrección nos vosos cadernos tal como vos indicamos nas instrucións. 

O último arquivo contén as vosas tarefas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril.

Con 2º de BAC continúa o contacto por correo electrónico.

Moita forza! Xa é un día menos!

 

 

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 2

Bo día a todas e todos:

Nestes arquivos tedes os solucionarios para cada nivel das actividades que estivestes realizando esta semana e no último arquivo, as actividades propostas para a semana que vén. A primeira sesión consistirá en autocorrixir nos vosos cadernos o traballo que fixestes.

As profesoras de 2º de BAC continuarán a coordinar o traballo do seu alumnado por correo electrónico.

Ficade na casiña Moita forza!

 

OPERACIÓN CORONAVIRUS. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

No arquivo adxunto están as actividades que teñen que realizar as alumnas e alumnos de 1º de ESO + Agrupamento, 2º de ESO + Agrupamento, 3º de ESO + Agrupamento, 4º de ESO e 1º de BAC.

A coordinación do traballo do alumnado de 2º de BAC realizarase por correo electrónico.

Moita forza!

OPERACIÓN CORONAVIRUS. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

No arquivo adxunto atoparedes as actividades que tedes que realizar esta semana as alumnas e alumnos de 1º de ESO + Agrupamento, 2º de ESO + Agrupamento, 3º de ESO + agrupamento, 4º de ESO e 1º de BAC. 

O alumnado de 2º de BAC manterá contacto coas profesoras por correo electrónico.

Moita forza!

Carracedo e Rivas: Ciencia e Literatura no Leiras Pulpeiro

Esta semana foi excepcional no noso centro. Tivemos a dúas figuras de primeira liña connosco: Ángel Carracedo e Manuel Rivas.

Ciencia e Literatura... humanidade... a VIDA.

Ambos os dous uns comunicadores excepcionais... uns magos que nos hipnotizaron durante tantos minutos... Non podiamos deixar de escoitar...

Ambos os dous cunhas mensaxes cheas de humanidade. Unhas mensaxes ricas, que non esqueceremos.

O científico falou da vida e da morte, dos soños por cumprir... Das diferenzas tan pequenas que hai entre os seres humanos, que somos practicamente iguais (aínda que moitos opinen o contrario), e mesmo máis iguais entre nós que dúas formigas entre si.

O escritor falounos da biodiversidade e da guerra, do camiño percorrido cando escribe, da súa primeira lección de ética, do valor das linguas, do valor da nosa lingua...

Regalounos esta frase, unhas verbas verdadeiras:

"Nós abrimos un libro, pero o libro ten que abrirnos a nós".

Ambos os dous diferentes e complementarios, mais necesarios para nós.

Moitas grazas, Ángel e Manuel. Para nós foi un luxo estar convosco. Esperamos que volos dous desfrutarades tanto coma nós. Grazas!!!

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android 

 

 Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Distribuir contido


by Dr. Radut