Podes acceder á información de asignación de grupo e convocatoria para a presentación do curso 23/24 a través do curso Administración Alumnado da Aula Virtual. A dita información encóntrase na sección Presentación Curso 23-24, no comentario da tarefa Asignación a grupos do alumnado.
A pantalla ten este aspecto:
Para entrar na Aula Virtual o teu usuario será o teu nome e apelidos en minúscula sen espazos e o teu contrasinal a túa data de nacemento sen barras separadoras.
Exemplo: A alumna Ánxela Veiga da Costa nada o 5 de abril de 2008 terá:
usuario: anxelaveigadacosta
contrasinal: 05042008
Como medida de seguridade, terás que cambiar o contrasinal a primeira vez que entres.
Por outra parte, o alumnado de 2º da ESO e 4º da ESO recollerá os libros de texto na súa aula a partir do martes 12 de setembro.