Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Matrícula Curso 24-25

Desde o día 24 ata o 8 de xullo está aberto o período de Matrícula para o curso 24-25.

Poderás facer a matrícula on-line, utilizando o código QR que se che entregou xunto co boletín de notas.

Tamén poderás acceder ao teu formulario individualizado de matrícula, entrando na Aula Virtual, no curso Administración Alumnado, na sección Matrícula curso 24-25.

Os formularios conteñen as instrucións que te guiarán no procedemento de achega da documentación necesaria e escolla, de ser o caso, de materias optativas.

 

Alumnado de Tecnoloxía e Dixitalización en Sección Bilingüe - Curso 24-25

No seguinte enlace pódese consultar o alumnado que cursará a materia de Tecnoloxía e Dixitalización en Sección Bilingüe en 1º de ESO.

Alumnado 1º ESO - Tecnoloxía e Dixitalización - Sección Bilingüe - 24-25

Libros de texto 24 - 25

No adxunto podedes consultar o listado de libros de texto para o curso 2024-25:

Libros de Texto Curso 24-25

Despedida a José Antonio

Vídeo homenaxe a José Antonio

Vídeo creativo de bioloxía en 1ºBAC

Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024

Os/as estudantes que acadaron durante o presente curso escolar unha nota igual ou superior a 9 como nota de acceso á Universidade (60% nota medida bacharelato + 40% nota da parte obligatoria da ABAU) foron homenaxeados/as no acto Megabau, que tivo lugar no Coliseum da Coruña o venres 21 de xuño.

No IES Leiras Pulpeiro tivemos a fortuna de contar entre o noso alumnado con dúas rapazas e unha rapaz cun rendemento académico acorde con eses parámetros de excelencia. O venres 2º de xuño desprazáronse a Coruña acompañados/as das súas familias e da titora de 2º de BAC Cristina Andreu.

Parabéns para Rosalía Bernárdez Riopedre, Noa Rodríguez Carballeira e Brais García Rodríguez e para as súas familias. Foi  un luxo para o centro tervos estes anos entre nós. O voso futuro está por escribir e o enorme talento que atesourades seguirá dándovos satisfacións. Dalgunha ou outra maneira, seguiremos formando parte delas.

 

Acto de graduación 4ºESO 2024

Entrega de Boletín de Notas

Os Boletíns de Notas xunto cos Consellos Orientadores para 2º e 4º da ESO serán entregados o mércores 26 de xuño no seguinte horario:

  • 9:30h: 1º de BAC
  • 10h: 1º da ESO
  • 11h: 2º da ESO
  • 12h: 3º da ESO
  • 13h: 4º da ESO

Ademais as notas se comunicarán tamén ese mesmo día ás 14h por abalar e pola Aula Virtual.

Actividades na Natureza co Alumnado de 3º da ESO

Os días 4 e 5 de xuño o alumnado de 3º de ESO participou na saída de actividades na natureza ó Baixo Miño e ás Illas Cíes organizada polo departamento de EF do noso instituto. 

O grupo de 50 alumnos e alumnas asistiu a esta actividade dirixido polas súas profesoras  Laura, Nati, Beatriz e Luisa.

O primeiro día realizaron a actividade de kayak nos ríos Miño e Tamuxe. O Tamuxe é un río estreito e de augas cristalinas e ó chegar ás Aceñas o grupo disfrutou dun baño.

Pola tarde visitamos o monte de Santa Trega, disfrutando das vistas panorámicas da desembocadura do Miño, A Garda, Portugal, o océano Atlántico e o val de O Rosal e escoitando as inmellorables explicacións de Nati sobre o legado histórico, cultural e relixioso desta Citania. Ao chegar completamos a tarde na estupenda piscina do hotel e realizamos unha camiñata a carón do mar. A noite non puido ser mellor, compartindo parte da velada cun grupo de persoas do Imserso que bailaron e nos transmitiron s súa enerxía e alegría.

O segundo día navegamos ata as Illas Cíes, onde realizamos unha ruta se sendeirismo ata o observatorio de aves do Alto da Campá. ao tempo que os guías do Parque Nacional explicaron curiosidades sobre a biodiversidade deste Parque Nacional. Completamos a tarde con baño, praia e unha ximcana final.

Felicitamos ao grupo pola súa actitude alegre, respectuosa e aberta ao aprendizaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut