Xa temos glosario Caló-Galego froito da diversidade lingüística do noso centro educativo e da iniciativa das profesoras Concha Diéguez e Belén Martín.
Durante estas últimas semanas estivemos traballando duro en atopar equivalentes lingüísticos en lingua galega a palabras ou frases que o noso alumnado considerou relevantes na lingua caló, propia do pobo xitano.
A nosa comunidade xitana é maioritariamente descendente dunha parella, María Camacho e Manuel Montoya, que chegou a Lugo a principios do século XX, polo que garda unha riqueza lingüística especial que cómpre partillar e promover como un valor educativo.
O grupo de alumos e alumnas formado por Samuel Barrul Barrul, Grisela Jiménez Montoya, Antonio Montoya Montoya, Israel Montoya Montoya, Jénifer Cortiñas Gabarri, Miriam Jiménez Montoya, José Francisco Montoya Díaz, Emilio Barrul Barrul, Isaac Gabarri Cortiñas, Salvador Antonio Montoya Montoya, Yanira Jiménez Cortiñas e Susana Cortiñas Gabarri é o responsable deste orixinal traballo que con certeza, contribuirá a difundir a cultura xitana dentro do contexto galego.
Todos os parabéns da nosa comunidade educativa!