Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Reparto definitivo de Fondo Libros e Vales de material (curso 2023-2024)

A día de hoxe (19-xullo-2023) xa se pode consultar en conserxería a lista definitiva do reparto de libros e saber que libros exactamente leva cada un.

Os libros repartiranse en setembro (hai que agardar a que nos envíen os novos e facer os lotes correspondentes).

Os que se matricularon en tempo e forma (antes do día 7 de xullo) xa poden levar os vales de 60€ e 75€. Os demais, terán que agardar a un segundo prazo.

 

Listaxe provisional FondoLibros 2023-2024

Publicamos hoxe día 12 de xullo de 2024 as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de fondolibros e vales de 60 ou 75€.

Pódese consultar na conserxería do centro ou na web de fondolibros con certificado dixital ou Chave365. Tamén se pode chamar ao centro para consultar.

 

ADMITIDOS:

  • Con dereito a 6 libros:
    • 1º ESO: Lengua castellana, historia, matemáticas, bioloxía, inglés, galego.
    • 2º ESO: Historia, matemáticas, física e química, inglés, lengua, galego.
    • 3º ESO: agardar ás definitivas
    • 4º ESO: agardar ás definitivas
  • Con dereito a 4 libros:
    • 1º ESO: depende dos que sobren (agardar á lista definitiva).
    • 2º ESO: Historia, matemáticas, física e química, inglés.
    • 3º ESO: depende dos que sobren (agardar á lista definitiva).
    • 4º ESO: Historia, matemáticas, lengua, inglés.

Se na lista saen 4 libros, o cheque será de 60€.
Se na lista saen 6 libros, o cheque será de 75€.

A lista definitiva, cos libros concretos que lles toca cada un publicarase o día 19 de xullo.

Os libros repartiranse en setembro.

 

EXCLUÍDOS:

  • Excluídos porque "Falta matrícula ou o curso é incorrecto", é debido a que non se formalizou a matrícula no prazo establecido (remotou o 7 de xullo).
  • Excluídos por "Devolución libros non conforme", non hai nada que explicar: hai que devolver todos os libros a final de curso. Se non, pérdese o dereito no seguinte curso.
  • Excluídos porque "Falta documentación ou validación do centro", preguntade en secretaría.

Hai de prazo ata o día 18 de xullo para solventar os excluídos.

Calendario Fondo Libros 2023-2024

Publicación da listaxe provisional: 12 de xullo

Período de reclamacións: ata o 18 de xullo

Publicación da listaxe definitiva cos libros asignados: 19 de xullo

Recollida de vales: a partir do 27 de xullo

Recollida de libros: setembro

Documental XXV aniversario

Libros de texto - Curso 2023 - 24

No adxunto podedes consultar o listado de libros de texto para o curso 2023-24:

Libros de texto - Curso 2023 - 24

Celebración 25 aniversario

O mércores 28 de xuño o IES Leiras Pulpeiro celebrou o seu 25 aniversario cunha serie de eventos que deron mostra do ambiente de confraternidade presente desde a súa fundación. Inaugurouse unha exposición fotográfica conmemorativa e estrearonse dúas producións audiovisuais no salón de actos do centro: Un documental con intervencións de alumnado e persoal histórico e un video-clip musical co que presta servizo na actualidade. Rematouse a xornada cun animado xantar aberto a toda a comunidade educativa no que participaron unhas 70 persoas.

Seguen en pé moitos retos de cara ao futuro, ningún tan esixente como a atención á enorme diversidade presente no centro. Acadar que repercuta positivamente enriquecendo a formación integral do todo alumnado seguirá sendo o camiño que nos leve a ofrecer un ensino inclusivo de calidade, centrado na contorna, de todos/as e para todo/as.

Leiras way

Campaña doazón de tecidos e órganos

Unha mostra da campaña de doazóns de órganos e tecidos, desde a materia de Cultura científica de 1 de Bacharelato.

Biomoléculas

Desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1ºBAC fixo este creativo vídeo sobre biomoléculas para despedir o curso.

Entrega de Notas e Matrícula curso 2023-2024

Horario de Entrega de Notas: Día 26 de xuño:

9h: 2º de BAC (extraordinaria) aulas 0.13 e 0.14

9:30h: 1º de BAC (extraordinaria) aulas 0.13 e 0.14

10h: 1º da ESO aulas de referencia

11h: 2º da ESO aulas de referencia

12h: 3º da ESO aulas de referencia

13h: 4º da ESO aulas de referencia

O prazo de matrícula será dende o día 26 de xuño (despois da entrega de notas) ata o día 7 de xullo.

O procedemento será como estes últimos dous anos: mediante páxina web con ordenador ou móbil. Coa entrega de notas daremos un código QR personalizado para acceder ao formulario de matrícula. Tamén se poderá acceder directamente a través do curso Administración Alumnado da Aula Virtual.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut