Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Novas de intereseIntercambio con Finlandia: Jynkänlahden koulu - IES LaxeiroDo 14 ao 20 de abril nove estudantes de 4º de ESO, alumnos e alumnas das seccións bilingües (inglés) do IES Laxeiro, participaron nunha estadía con familias e estudantes de Finlandia. A escola acolledora, Jynkänlahden koulu, atópase na cidade de Kuopio; alí os alumnos e alumnas viviron o día a día dos seus "hosts", tanto na escola como nas casas. Ademais da inmersión nas actividades lectivas, puideron coñecer de primeira man diversos aspectos da vida e cultura finesas, así como poñer a proba o seu inglés de maneira altamente satisfactoria. A hospitalidade e acollida por parte dos amigos fineses foi exquisita e entrañable, tanto do persoal da escola como das familias. Toda unha enriquecedora experiencia que terá a segunda parte no mes de outubro cando o IES Laxeiro e as familias dezás recibirán aos alumnos-as e profesores de Kuopio.
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2016. Prazo aberto do 29 de marzo ata o 28 de abril (ambos incluídos). Aquí podedes consultar: e) Guía para cubrir a solicitude Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle e nas oficinas do centro.
Entrega de Premios Extraordinarios da ESOO venres 4 de marzo tivo lugar a entrega dos premios extraordinarios da ESO correspondentes ao alumnado que rematou no 2014-15 a ESO. O noso centro conta con 2 alumnas premiadas: Sonia Varela García e Meryem Zerguit. A ceremonia tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, onde outros 38 alumnos/as de toda Galicia, recolleron os diplomas de mans de diversas autoridades: o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, o conselleiro de educación Román Rodríguez González, do director xeral de educación Manuel Corredoira López e do director do noso centro Uxío Grande Sierra. Estas alumnas forman parte dun listado de anteriores alumnos/as do noso centro, que tamén foron premiados: Curso 2009-10: José Luis Peña Curso 2010-11: Aurora Peña e Xiana Rielo Curso 2011-12: Sandra Rodríguez Curso 2012-13: Mª José Sanmartín, Mª José González, Rubén Carballude e Andrés Machado Curso 2013-14: Jesús Angel Taín Para tod@s un agarimoso saúdo.
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017[01/02/2016] O día 1 de febreiro comeza o plazo para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017. Do 1 ao 15 de febreiro será o prazo para as reservas internas e de centros adscritos e do 1 ao 29 de marzo será o prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito. En breve se publicará neste mesmo canle informativo o calendario de todo o proceso de admisión. Información e documentación: Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG) Anexo I: Reserva de praza interna (galego) Anexo II: Formularios de admisión (galego)
Convocatoria de probas libres da ESO para maiores de 18 anosA Consellaría de Educación, Cultura e O.U. ven ce convocar a proba de obtención da ESO para maiores de 18 anos. Períodos de inscricción: 1ª convocatoria: do 7 ao 18 de marzo 2ª convocatoria: do 1 ao 8 de xullo Datas da proba: 1ª convocatoria: 27 de maio 2ª convocatoria: 8 de setembro Lugar: Nos que aparecen na Resolución da convocatoria( DOG do 28 de xaneiro) Máis información no portal da xunta www.edu.xunta.es e na propia convocatoria do DOGA (Resolución DOG Xoves, 28 de Xaneiro de 2016) Podedes descargar o impreso de solicitude Aquí
Convocatoria de probas de bacharelato para maiores de 20 anosA Consellaría de Educación, Cultura e O.U. ven ce convocar a proba de obtención de bacharelato para maiores de 20 anos. Período de inscricción: do 18 de febreiro ao 3 de marzo Data da proba: 22 de abril Lugar: IES San Clemente de Santiago de Compostela Máis información no portal da xunta www.edu.xunta.es e na propia convocatoria do DOGA (Resolución DOG Xoves, 28 de Xaneiro de 2016) Podedes descargar o impreso de solicitude Aquì
A Canadian experienceDurante o pasado mes de outubro o profesor de EF do IES Laxeiro, Xosé Manuel García, participou dunha estadía en Canadá, enmarcada no programa PIALE. O Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras comprende unha serie de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa do profesorado.
Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto 2º ESO e 4º ESOPódese consultar as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles foron asignados. O reparto dos libros asignados levarase a cabo na Secretaría do noso centro a partires do día 16 de setembro. "Zapatillas rotas" de Xabier Quiroga, Premio da Crítica 2014
O pasado fin de semana recibiamos con grande ledicia a nova do Premio da Crítica na categoría de narrativa en galego a Zapatillas rotas, a novela do compañeiro e profesor de Lingua e Literatura Galegas Xabier Quiroga, premio que xa obtivera en 2010 coa súa novela anterior, O cabo do mundo. Os Premios da Crítica, considerados entre os máis prestixiosos do estados español, leva distinguido en edicións anteriores, entre outros, a autores como Luz Pozo, Xohana Torres, Salvador García-Bodaño, Víctor Freixanes ou Manuel Rivas. Convocadas as probas libres para os títulos de Bacharel e Graduado en Educación Secundaria[21/01/2015] Con data de hoxe veñen de publicarse as convocatorias de probas libres tanto para Bacharel como para a obtención do Graduado en Educación secundaria. Nos arquivos adxuntos tendes toda a información, recordando que tamén podedes acudir ao portal da xunta www.edu.xunta.es para máis consultas e modelos de probas de anos anteriores (Clic Aquí). - Aviso de probas libres da ESO - Aviso de probas libres para Bacharel - Convocatoria de Probas libres ESO - Convocatoria de Probas libres Bacharel - Impreso de inscripción probas libres ESO - Impreso probas libres Bacharel Para mais información -> (Clic Aquí).
|
Novos números
|