Deporte na escola

O IES Laxeiro participa no programa Deporte na Escola, promovido pola Dirección Xeral para o Deporte e a Consellería de Educación. Trátase dunha nova experiencia deportiva no ámbito escolar de recente desenvolvemento.

"Cremos na necesidade de que o deporte forme parte da educación, do noso xeito de vida e estamos seguros de que o deporte é moito máis que competitividade e que trunfos. Buscamos que os nenos e as nenas prendan dos seus compañeiros, comprendan o que é traballar en equipo, encaixen unha derrota de mesma forma que unha vitoria e que por riba de todo, gocen coa práctica do deporte porque lles ofrece entretemento, ademais de saúde e diversión" (M. Souto, Directora Xeral para o Deporte)

Este proxecto, no que participan alumnos de 1º e 2º de ESO, prima a participación e o traballo en equipo antes ca competitividade e desenvolve actividades polideportivas e culturais. O participantes non se centran nun só deporte, senón que deben participar en varios e tamén nunha proba de contidos culturais.

Os escolares xogarán ao balomán, baloncesto, bádminton, fútbol sala, xadrez e nun concurso con preguntas de cultura xeral. Tamén haberá unhas xornada de atletismo e natación.

Para coñecer máis sobre o programa e os regulamentos dos distintos deportes:

http://media.culturaedeporte.org/deportegalego/DeporteNaEscola%20DEF.pdf

http://www.deportegalego.eu/programas/programa.php?id=programa_1&lg=gal

Para descargar as preguntas da proba cultural:

http://deportegalego.eu/eventos/evento.php?id=evento_8&lg=gal